domingo, 26 de junio de 2016

II TORNEO XADREZ E NATUREZA



CRÓNICA FINAL DO TORNEO:

O pasado domingo 19 de xuño celebrouse a segunda edición do “Torneo Xadrez e Natureza”. Este evento, único na súa categoría, combina xadrez en contacto coa natureza, xuntando aos xogadores e ás súas familias nun marco incomparable como é  A Fraga do Rei en Cristiñade, Ponteareas.

Participaron mais de 50 xogadores, procedentes de 8 clubes e colexios da provincia, destacando unha ampla participación da Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas e do Clube Xadrez Marín.

As familias gozaron dun día marabilloso e xantaron e merendaron nun gran ambiente de camaradería.

O torneo contou coa presenza do Concelleiro de Deportes de Ponteareas Bieito Márquez, quen xunto coa Directiva do clube organizador, entregaron os trofeos e agasallos a todos os participantes.

O podio de vencedores foi o seguinte:

Categoría Sub-8:
1º Olivier Rocha Martínez da Escola Xadrez Pontevedra.

2º Darío Xosé Vidal Salgueiro do Clube Xadrez Marín.

3º Héctor Entenza Lamelas do Clube Xadrez Marín.

Categoría Sub-10:
1º Tiago Montero Faro da Escola de Xadrez de Ponteareas.

2º Adrián González Fernández do Colexio Apostol Santiago de Vigo.

3º Marcos Talavera Domínguez da Escola de Xadrez de Ponteareas.
 

Categoría Sub-12:
1ª Malena Piñeiro Pintos do Clube Xadrez Marín.
2º Xoán Otero Carrera da Escola de Xadrez de Ponteareas.
3º André Ferreira Saavedra do Clube Xadrez Ramiro Sabell de Ponteareas.

Categoría Sub-14:
1ª Paula García Álvarez do Clube Xadrez Marín.

Categoría Sub-16:
1º Carlos Piñeiro Pintos do Clube Xadrez Marín.

Categoría Sub-18:
1º Francisco González Rodiño da Escola de Xadrez de Ponteareas.

Categoría Absoluta:
1º Víctor Santiago García do Clube Xadrez Marín.

2º Miguel Ángel Santiago Pereira do Clube Xadrez Marín.

3º Darío Domínguez Certal do Clube Xadrez Marcote

A organización agradece a presenza de todos os participantes e ás súas familias e emplázaos para a terceira edición do torneo que se celebrará o 18 de xuño de 2017.
 
 
 
 

 

lunes, 20 de junio de 2016

II TORNEO XADREZ E NATUREZA

Darío Domínguez Certal 3º Clasificado Categoría Absoluta


Marcos Talavera Domínguez 3º Clasificado Categoría Sub 10


Tiago Montero Faro Campeón Categoría Sub 10
Xoán Otero Carrera Subcampeón Categoría Sub 12


Francisco González Rodiño Campeón Categoría Sub 18



¡¡¡ENHORABUENA A TODOS!!!


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
LA PARTIDA DEL DÍA PARA NUESTRO CLUB
 
Francisco González Quintela contra Francisco González Rodiño

Momento de la partida que terminó en tablas
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 









martes, 14 de junio de 2016

II TORNEO XADREZ E NATUREZA








BASES DO TORNEO


DATA:
DOMINGO 19 de Xuño de 2016

LUGAR:
PARQUE FORESTAL “A FRAGA DO REI”.
CRISTIÑADE
PONTEAREAS

PARTICIPACIÓN E INSCRICIONS:
ABERTA E GRATUITA

E-mail: xadrezponteareas@yahoo.es Teléfono: 627 249 951
Indicando: Nome, apelidos, data de nacemento do participante, categoría e club, colexio ou escola á que pertence.  Data límite: Sábado, 18 de Xuño de 2016 ás 22:00 horas, cun límite de 80 prazas.

MODALIDADE E CATEGORÍAS:
ESCOLAR E ABSOLUTA.

Escolar: nados nos anos 2004 e posteriores.

Absoluta: nados nos anos 2003 e anteriores.

SISTEMA DE XOGO E NORMAS:
SISTEMA SUÍZO a 6 roldas elaborado cun programa informático para as 2 categorías (Non se admitirán reclamacións aos emparellamentos, a menos que se produciran erros na introdución manual de resultados).

NORMAS DE XOGO: 

·         O torneo rexerase polas Leis de Xadrez da FIDE.

·         A man que xoga é a que debe pulsar o reloxo.


·         Ante calquera incidencia os xogadores deberán solicitar a presenza dun árbitro.


·         En caso de promocionar un Peón e deséxase convertelo en Dama, debe colocarse unha no taboleiro. Unha Torre investida non se considerará Dama, senón Torre.


·         Unha vez finalizada as partidas os xogadores chamarán ao árbitro. Unha vez que este certifique o resultado, os xogadores deixarán as pezas na súa posición orixinal.

·         Á terceira ilegal o xogador perderá a partida.
·         As decisións dos Árbitros serán inapelables.
·         A participación no Torneo implica que os participantes, e en caso dos xogadores menores de idade, os seus pais, autorizan a publicación da súa imaxe e  datos persoais nos medios que a Organización estime oportunos: listaxes de xogadores, clasificacións, emparellamentos, chessresults, vídeos, reportaxes prensa e televisión, etc.
 “A Organización resérvase o Dereito de Admisión”
RITMO DE XOGO Y SISTEMAS DE DESEMPATE:
20 minutos por partida para cada xogador.
1º.- Bucholz Total. 2º.- Bucholz Menor (quitando o opoñente de peor puntuación). 3º.- Progresivo. 4º.- Sorteo entre os xogadores empatados que opten a premios.
INAUGURACIÓN E CALENDARIO DE XOGO:
Domingo 19 de Xuño as 11:00 horas.
ROLDA
DIA
HORARIO
Rolda 1
19-06-2015
11:15 h.
Rolda 2
19-06-2015
12:15 h.
Rolda 3
19-06-2015
13:15 h.
Rolda 4
19-06-2015
16:15 h.
Rolda 5
19-06-2015
17:15 h.
Rolda 6
19-06-2015
18:15 h.
ACTO DE CLAUSURA E ENTREGA DE PREMIOS:
O Domingo 19 de Xuño ás 19:30 horas procederase á entrega de premios coa presenza do Comité Organizador e os delegados das firmas colaboradoras.
PREMIOS, DIPLOMAS, AGASALLOS E SORTEO DE AGASALLOS:
v  TROFEO aos 3 primeiros clasificados das seguintes categorías:
·         Pre-Benjamín (Sub-8): Nados no ano 2008 e posteriores.
·         Benjamín (Sub-10): Nados nos anos 2006 e 2007.
·         Alevín (Sub12): Nados nos anos 2004 e 2005.
·         Absoluta: Nados o ano 2003 e anteriores.
v  TROFEO ao primeiro clasificado das seguintes categorías:
·         Infantil (Sub-14): Nados nos anos 2002 e 2003.
·         Cadete (Sub-16): Nados nos anos 2000 e 2001.
·         Xuvenil (Sub-18): Nados nos anos 1998 e 1999.

v  AGASALLOS: Todos os xogadores da Categoría Escolar que finalicen o Torneo recibirán unha medalla conmemorativa, as cales se entregarán no Acto de Clausura do Torneo, unha vez entregados os Trofeos dos premiados. Todos os xogadores da Categoría Absoluta que finalicen o Torneo recibirán un chaveiro cun motivo xadrecístico.

v  DIPLOMA: Haberá un Diploma de Participación para todos os participantes.

v  SORTEO DE AGASALLOS: Unha vez finalizada a entrega de trofeos aos premiados procederase a realizar un sorteo de agasallos entre os xogadores participantes menores de 16 anos.
 ORGANIZA:
ESCOLA MUNICIPAL DE XADREZ DE PONTEAREAS
Avenida Sarmiento Rivera nº 17, 1º IqdaPONTEAREAS
E-mail: xadrezponteareas@yahoo.es
Web:  http://xadrez-ponteareas.blogspot.com.es/
PATROCINAN:































A Organización resérvase o dereito de modificar as bases do II Torneo “Xadrez e Natureza” sen outra obrigación que a de publicala na páxina web:
http://xadrez-ponteareas.blogspot.com.es/